UNHA NOITE NA PRAIA

DATOS BÁSICOS
Unha comedia con mar de fondo

Carlos Blanco e Xosé A. Touriñán volven ao teatro cunha nova obra escrita por Javier Veiga.

Touriñán e Blanco volven á escena despois de colleitar numerosos éxitos coa obra Somos Criminais.

Nesta ocasión os actores interpretan a Klaus e Manuel, un galego que traballa nun chiringuito e un turista sueco, que coinciden ao solpor nunha praia fronte ao mar. Klaus e Manuel comezan a falar, e comparten anécdotas e recordos. Pero pouco a pouco van saíndo tamén os medos, os soños e as inseguridade. E finalmente son segredos e confesións que se cadra tería sido mellor non ter confesado.Durante as súas conversas o público poderá comprobar que se parecen tanto entre eles como o restaurante do Ikea a un furancho.

Xénero: 
  • Outros
Lugar do espectáculo: 
Pazo da Cultura
Duración: 
90 MINUTOS
Prezos: 
PATIO: 18€, PLATEA 1: 15€, PLATEA 2: 12€
Información da billeteira: 

ESPECTÁCULO FORA DE ABONO.

+ INFO 981 102 897

Funcións: 
Sábado, 14 de Setembro de 2019 20:00
FotoJet (41).jpg