UN HOTEL DE PRIMEIRA SOBRE O RÍO
A especulación urbanística, a depredación do medio natural ou o desarraigo son algúns dos temas arredor dos que xira Un hotel de primeira sobre o río, que desprega en tres actos a historia de Ruth, quen vive e traballa nun val afectado por un proxecto urbanístico para construír un hotel cunha área recreativa. O espectáculo narra a presión exercida sobre a protagonista para que renuncie ás súas terras, á súa casa, á súa historia e ás súas raíces, evocando de xeito onírico e simbólico a dualidade entre a realidade e as fantasías da súa imaxinación.
Un hotel de primeira sobre o río é o resultado do diálogo do texto orixinal co teatro de movemento, a danza, a música e as artes visuais. Cunha coidada composición estética e unha rigorosa investigación sobre xestos e imaxes, a peza convídanos a abordar diferentes xeitos de vivir no ámbito rural e a cuestionar a xestión dos recursos naturais.
Elenco:
Iván Davila, Raquel Espada, Sofía Espiñeira, Nicolás Otero, Merche Pérez, Pablo Sánchez Pérez e Lidia Veiga.
Texto: Xohana Torres
Dirección: Gonçalo Guerreiro e María Torres
Adaptación e dramaturxia: Gonçalo Guerreiro e María Torres
Textos adaptación: María Torres
Deseño de escenografía: Gonçalo Guerreiro
Deseño de vestiario e produción de arte: Carolina Díguele
Composición musical: Manuel Fonte Loureiro
Deseño de Iluminación: Nacho Martín
Estructura escenográfica: Carolo Losada
Carpintería de escena: Leonardo Herosa Guerrero
Coordinación, corrección de textos e asesoría lingüística: Rosa Moledo
Asistencia de produción: José Díaz