UBÚ REI

  • Teatro
  • Comedia
DATOS BÁSICOS

TEATRO COMEDIA

ESTREA!!!

Pai Ubu, impulsado pola súa ambiciosa muller Madre Ubú, asasinada ao seu protector o Rei de Polonia, e case tosa a súa familia, para roubarlle os seus Estados. Despois dun breve triunfo instaura un reinado de corrupción e despotismo levados ata o absurdo.

Ubu Rei é unha obra imprescindible no teatro moderno pola súa permanente actualidade xa que é unha proposta cruel e traxicómica sobre os extremos da ruindade e da degradación do ser humano.

A súa relevancia radica no desconcerto que provoca, e na destrucción de case todas as normas e tabús do teatro contemporáneo.

O seu protagonista, o innobre e grotesco Ubu, vai directo ao corazón da conciencia burguesa e aínda hoxe escandaliza nas súas numerosas representacións e adaptacións.

Nesta versión, Roberto Salgueiro ve indispensable conservar o carácter metateatral do texto, así como traballar sobre as súas ideas centrais do mesmo: poder e sexo.

PREZOS

Prezos:

ABONADOS: 6.65€

PÚBLICO XERAL: 9.50€

*Espectáculo en período de reserva de abonad@s, venda ao público xeral a partir do Xoves 22 de decembro.

**A venda de entradas a tarifa reducida farase unicamente a través da billeteira do Pazo da Cultura.

+info 981 102 897

FICHA ARTÍSTICA

Autor: Alfred Jarry

Dirección: Roberto Salgueiro

Adaptación: Roberto Salgueiro

Escenografía: Robero Salgueiro

Deseño iluminación: Roberto Salgueiro

Vestiario: Roberto Salgueiro

Elenco artístico: Toño Casais, Dani Trillo, María Ordóñez, Diego Rey, Artur Trillo, Marta Ríos, Rubén Prieto, David Creus.