Andy, tras varios anos estudando na universidade, chega a casa e decide subir a descansar ao seu cuarto. Ao entrar, tropeza con algunhas das caixas que el mesmo embalou cando marchou. Sen pensalo, comeza a abrilas e a lembrar todos aqueles momentos que lle brindaban os xoguetes.
Andy, vendo a situación tan desigualada que hai no mundo, decide non ser egoísta e doalos, convidándonos a reflexionar e entender que un xoguete nunca morre e pode facer feliz a nenos en todo o mundo.
Mentres tanto, infinidade de historias e anécdotas ocorrerán no escenario, pois tan só os nenos e maiores que crean isto, poderán ver ao xoguetes con vida.
