MONICREQUES E TEATRO ACTORAL
A toupiña saía do seu tobo e algo lle caeu na cabeza, a modo de pucho cheirento.
Daquela, percorrerá a granxa investigando -moi indignada- cal dos animais que alí viven lle fixera semellante agravio: a pomba, o cabalo, a lebre…
Unha obra simpática e escatolóxica que provoca gargalladas e fai que os espectadores empaticen coa toupiña, ferida no seu orgullo.
Nenas, nenos e maiores terán, con esta historia, a visión dun tema tan natural como a vida mesma e que, con todo, non sempre aparece en escena