TOSCA

  • Música
  • Ópera
DATOS BÁSICOS

OPERA en 3 actos.

Música de Giacomo Puccini e libreto en italiano de Luigi Illica e Giusepe Giacosa.

A òpera, inspirada no drama homónimo de Victorien Sardou, foi estreada con gran éxito no teatro Costazi de Roma o 14 de xaneiro de 1900, contando coa presenza da raíña Margarita.

O argumento da obra combina amor, intriga, liberdade, morte, sacrificio e paixón nun marco de drama intenso no que o engano e a dúbida están máis que presentes ao longo da mesma.

A obra, cuxo pano de fondo a cidade de Roma, desenvólvese o mesmo día que Napoleón vence a Austria na batalla de Marengo. Divídese en tres actos e o primeiro comeza coa huída de Angelotti, precónsul da República de Roma e preso tras a caída da República.

Tosca converteuse nunha das óperas máis destavadas dentro do repertorio verista italiano grazas á beleza da súa músoca e á dificultade das súas arias, entra as que destacan E lucevan le stelle, vissi d´arte vissi d´amore e Te derum.

PREZOS

Prezos:

ABONADOS: 19.60€

PÚBLICO XERAL: 28€

*Espectáculo en período de reserva de abonad@s, venda ao público xeral a partir do Xoves 22 de decembro.

**A venda de entradas a tarifa reducida farase unicamente a través da billeteira do Pazo da Cultura.

+info 981 102 897