TATÁN CHAPEU GRAN FORMATO

DATOS BÁSICOS

 

CHAPEU é un proxecto musical de Tatán Cunha que arranca fai máis de un ano coa colaboración de Pablo Vidal e Uxía na creación musical e arranxos varios. Letras de Tatán e colaboracións letrísticas de Uxía e Magín Blanco nas cancións Chapeu e Veludo e algodón, e Carlos Blanco en Mútua de decesos.

 

CHAPEU unha dúcia de cancións escritas para contar historias. Fotografías teatrais, o mundo que máis coñezo e co que camiño a miña vida. Un mundo carregado de amizades que me invitan a cantar e a quen admiro e con quen compartín a loucura de crear este proxecto. Xente da música, xente do teatro...xente dos títeres... A miña voz rota, regada de notas musicais impecablemente tocadas por músicos de solera, músicos de aquí, galegos das rías. Espallados polo universo musical, convertidos en estrelas. Voces cálidas, coros que apoian as doces melodías, orixinais e compostas para este CHAPEU cheo de buratos.

 

O CD conta nas gravacións con Isaac Palacín nas percusións, Alfredo Teixeira na guitarra portuguesa, Alberto Vilas no piano, Pablo Vidal no contrabaixo, piano e guitarras, Felipe Castro nos Saxos, Manu Paino no fliscorno e a trompeta e Sergio Tannus coa viola.

Coros das Mosas: (Uxía, Chus Domínguez, Ana Senlle ) e Blanca.

Xénero: 
  • Música
Lugar do espectáculo: 
Pazo da Cultura
Duración: 
1 HORA Y 30 MINUTOS
Prezos: 
9,50 € Público Xeral / 6,65 € Abonados - Carné Xove ou de Estudante (ata 25 anos) – Desempregados
Información da billeteira: 

ABONADOS:  6,65 €
PÚBLICO XERAL:  9,50 €
 

A venta a precio reducido farase únicamente a través da billeteira do Pazo.

Funcións: 
Sábado, 9 de Abril de 2016 20:00
Tatán Chapeu