THE STREETS OF NEW ORLEANS

  • Música
DATOS BÁSICOS

A nova produción de Grandes do Gospel para o Nadal do 2023 percorre a historia musical dunha das cidades icónicas da música internacional. O programa do concerto recrea os vellos himnos do gospel, inclúe unha selección de grandes hits con raíces na cidade e dá visibilidade, por primeira vez nun programa de gospel, a un subxénero que todo o mundo en todo o mundo identifica con Nova Orleans: o Jazz Funeral, que ten a súa orixe nos espirituais que as congregacións cantaban nas igrexas.

 

The New Orleans Gospel Stars, unha formación de 14 compoñentes con órgano, sección de ritmo e ventos, presenta en Europa “The Streets Of New Orleans”, unha sentida homenaxe á cidade onde sempre hai música no aire.

 

Berce do Jazz, Espírito do Gospel, Casa do Rhythm & Blues. Con rúas con nomes de cancións, Bourbon, Basin, Perdido, onde os barrios están cheos de estrelas e lendas da música popular do século XX. Louis Armstrong, Mahalia Jackson, Fats Domino. New Orleans Gospel Stars conxuga xeografías e talentos nunha formación orixinal cun repertorio onde se dan a man as tradicións máis variadas.

 

“The Streets Of New Orleans” é unha mostra vibrante da tradición musical da cidade, unha viaxe de ida e volta desde as orixes en Congo Square ao presente dos desfiles con ritmos de second line e citas especiais para as melodías que tanta xente cantou algunha vez: What A Wonderful World, Just A Closer Walk, When the Saints Go Marching In.

PREZOS

2023-12-16 - 20:00:

  • Abonados: 8,40 €
  • Público xeral: 12,00 €