SONDESEU

  • Música
  • Folk
DATOS BÁSICOS

Sondeseu é unha das primeiras orquestras europeas de música folk contemporánea. O seu repertorio consta de temas procedentes da tradición oral da música popular de galicia, arranxados especialmente para a formación polos seus componentes e responsables das distintas seccións, que abranguen gaitas, percusión, zanfonas, violíns, requintas e frautas de madeira, canto, arpas e corda pulsada. Sondeseu naceu no ano 2001 no antigo departamento de música tradicional da escola de artes e oficios, hoxe escola municipal de música folk e tradicional de vigo, e-trad, experiencia singular que persigue a fusión entre formación especializada, práctica escénica e música en comunidade. Dende entón leva unha traxectoria ascendente que a proxecta no panorama espanol e internacional, con tres publicacións discográficas e numerosos reconecementos públicos. Os concertos ao vivo son unha celebración da recuperación do patrimonio oral e a súa integración na modernidade urbana no que o público, integrado por xente de diversa idade e procedencia cultural, toma parte activa. Na actualidade, en colaboración co concello de vigo, sondeseu lidera o proxecto enfo (european network of folk orchestras) no que se está a impulsar a creación de novas orquestras por toda europa para consolidar unha rede estable de participación e intercambio. Hoxe estamos a presentar o seu novo traballo, temas tradicionais adaptados e outros compostos polos seus integrantes, que a bó seguro sorprenderán e cargarán de enerxía o espectador.

FICHA ARTÍSTICA

A banda máis antiga de Galicia e o grupo pioneiro do rock en galego, xuntanse para revisar o repertorio histórico de Os Resentidos, integrando novas creacións e versións , en homenaxe á tradición galega da música de verbena e festas populares.