SON GALEGO,SON CUBANO

  • Música
DATOS BÁSICOS

“Son galego, Son cubano” púxose en escena por primeira vez no Gran Teatro de La Habana (antigo Palacio do Centro Galego) no mes de maio de 2016 con dous memorables concertos. Un show inesquecible con letras de Neira Vilas e participación dos mellores músicos de ámbolos dous países, que foi visto en directo por máis de 100.000 espectadores desde a súa estrea en Cuba.
Roi Casal traballou conxuntamente neste espectáculo con Neira Vilas ata o falecemento deste último en novembro de 2015. A xira está considerada unha fermosa homenaxe ao propio Neira Vilas e á emigración galega en Cuba, onde o escritor residiu 31 anos da súa vida para deixar rexistrada en varias das súas obras a incrible epopea dos galegos na illa caribeña.

 

PREZOS

PERIODO EXCLUSIVO DE ABONADOS ATA O 27 DE FEBREIRO

+ INFO 981 102 897