SILENTE

DATOS BÁSICOS

JORGE DREXLER - SILENTE

"O silencio como materia prima,a canción tal cal chegou a este mundo, un infinito enteiro nun segundo, unha guitarra, un verso, unha tarima." Jorge Drexler sobre “ SILENTE” Drexler proponnos un concerto en solitario, nas antípodas da súa xira anterior. O retorno a un dos seus formatos máis celebrados: unha guitarra e unha voz, combinados coas ferramentas contemporáneas para xerar paisaxes sonoras e visuais ao servizo da forma máis inmediata das súas cancións. Un concerto unipersoal, co silencio como materia prima e marco para a comunicación. “ SILENTE” chega tras unha extensa xira de 100 concertos en 13 meses, presentando xunto coa súa banda o último traballo de estudo "Salvavidas de xeo", que pasou por 17 países, 80 cidades, onde o viron máis de 150.000 persoas e que foi nomeado en 2018 a un Grammy Award e a cinco Latin Grammys.

Xénero: 
  • Música
Lugar do espectáculo: 
Pazo da Cultura
Duración: 
2 HORAS
Prezos: 
PÚBLICO XERAL 20€; ABONADOS E REDUCIDA 14€
Información da billeteira: 

ESPECTÁCULO EN PERÍODO DE VENTA DE ABONADOS.

VENTA AO PÚBLICO EN XERAL A PARTIR DO 12 DE XUÑO.

Funcións: 
Sábado, 12 de Outubro de 2019 20:00
Graf_SilenteIG.jpg