SEMENTE, O HOME QUE PLANTABA ÁRBORES
"A terra non é miña, eu son da terra"
Inspirado en acontecementos reais, Semente, é unha historia inesquecible sobre o poder que o ser humano ten de influenciar o mundo ao seu redor.
Narra a vida dun home e o seu esforzo solitario , constante e paciente, para facer do lugar onde vive un lugar especial.
é unha historia admirable que nos mostra como un home humilde e insignificante aos ollos da sociedade, vivindo lonxe do mundo e usando unicamente os seus propios medios, consegue reforestar el só unha das rexións máis inhóspitas e áridas de Francia.