SÍBARIS

  • Teatro
  • Comedia
DATOS BÁSICOS

SÍBARIS - COMEDIA

Vinte anos despois de que a publicación de Síbaris o convertese na estrela máis rutilante do firmamento literario, o escritor Víctor Morel non atravesa un bo momento: incapaz de escribir nada á altura das expectativas, leva demasiado tempo bloqueado e cunha situación económica cada día máis delicada.

Laura, a súa muller, anímao a aceptar unha invitación da Universidade da Sorbona, disposta, como tantas outras institucións, a pagar xenerosamente por unha lección maxistral do célebre autor, pero a primeira aparición pública de Víctor Morel en anos remata nun ataque de pánico e unha espantada antes de tempo.

A vida dos Morel semella afundir no desconsolo, cando Laura atopa unha saída.

PREZOS

2023-10-13 - 20:30:

  • Abonados: 8,40 €
  • Público xeral: 12,00 €
  • Desempregados - carné xove ou estudante ( ata 25 anos ): 8,40 €

2023-10-14 - 20:00:

  • Abonados: 8,40 €
  • Público xeral: 12,00 €
  • Desempregados - carné xove ou estudante ( ata 25 anos ): 8,40 €
FICHA ARTÍSTICA

Autor                           Domingo Villar

Dirección                     Lois Blanco

Adaptación                  Lois Blanco / Carlos Blanco

Escenografía               Marta Villar

Deseño son                  Pablo Novoa

Deseño iluminación    Dani Juncal

Vestiario                      Marta Villar

Música                        Pablo Novoa

Elenco artístico

Carlos Blanco, Belén Constenla, Oswaldo Digón, Pablo Novoa