FAMILIAR (a partir de 2 anos)
Galitoon continúa así coa súa constante experimentación: nesta nova peza cambia de estilo no deseño de arte e cambia a técnica de manipulación "co teatro de xoguetes", sen esquecer o seu selo propio.
Rosalía conta un conto sinxelo pero tremendamente sedutor para os/as nenos/as:
“Había unha vez, unha pulga moi, moi pequena: Rosalía.
Rosalía escribe unha carta cada día. Métea nun sobre, ponlle un selo e mándaa por correo. Bruno, o canguro, un carteiro moi especial, encárgase en persoa de levarlla ao seu destinatario.... e lerlla: á señora Toupa porque non ve, a dona Xirafa porque perdeu as gafas, á ovella porque non sabe ler e a Mr. Elefante porque só sabe ler en inglés.
O contido da carta é unha invitación: “O martes 3 ás 10, unha festa na casa de Rosalía.”
Todos reciben unha carta. Todos, menos Bruno, o canguro! Por qué?”