RIF (DE PIOJOS Y GAS MOSTAZA)

DATOS BÁSICOS

RIF (DE PIOJOS Y GAS MOSTAZA) TEATRO CONTEMPORÁNEO

Os nosos protagonistas son tres soldados do exército español que se van a atopar nas terras do Rif despois do Desastre Annual ocorrido o 21 de Xullo de 1921. Son tres soldados que representan aos milleiros de mozos españois que foron arrincados dos seus fogares e aos milleiros de rifeños que se viron obrigados a loitar no lado español para ver mitigada a súa fame e a súa miseria. A través das súas historias, dos seus relatos, das súas vivencias, que percorrerán lugares tristemente míticos como Igueriben, Zeluán ou Monte Arruit, e que se van proxectar ata o nefasto ano 1936, desfilarán diante de nós personaxes craves daquelas guerras: deputados, altos comisarios, reis, cantineras, prostitutas, caídes, artistas de cinema, xornalistas, militares e civís. Con eles imos visitar, coma se dun pesadelo grotesto tratáse, o café cantante e o blocao, o pasodobre e o almuédano, o acampamento e a marcha militar, o prostíbulo e o barranco, o casino, a augada, a emboscada, e os negocios sucios, a valentía dalgúns, a vileza de moitos, o medo da maioría, a baioneta, a “gumía”, a carabina, a sede insoportable, o corpo calcinado, a cabeza cortada, as entrañadas, en fin, dunha guerra innecesaria, inxusta e cruel, que causou miles de mortes de españois e rifeños, utilización de gases tóxicos incluída, e cunhas consecuencias cruciais no devir do século XX.

Lugar do espectáculo: 
Pazo da Cultura
Duración: 
120 MIN
Prezos: 
TARIFA XERAL 12€; REDUCIDA 8.40€
Información da billeteira: 

ESPECTÁCULO EN PERIODO DE VENTA DE ABONADOS ATA O 18 DE FEBREIRO

VENTA LIBRE A PARTIR DO 19 DE FEBREIRO

A TARIFA REDUCIDA FARASE ÚNICAMENTE NO DESPACHO DE BILLETES DO PAZO, ACREDITANDO A CONDICIÓN OPORTUNA (DESEMPREGADOS OU CARNÉ ESTUDANTE ATA 25 ANOS)

Funcións: 
Sábado, 23 de Abril de 2022 20:00