RECONVERSIÓN

  • Teatro
  • Contemporáneo
DATOS BÁSICOS

RECONVERSIÓN - TEATRO CONTEMPORÁNEO - GALEGO

RECONVERSIÓN é un espectáculo de gran formato para público adulto, con oito actores-músicos que forman unha charanga e interpretan a banda sonora en directo.

Entre o íntimo e o político, o proxecto (escrito e dirixido por Santiago Cortegoso) é un exercicio de memoria histórica arredor da reconversión no sector naval na Ría de Vigo.

A obra céntrase na peripecia vital do pai do autor, un home que traballou no estaleiro Ascón durante 30 anos. Esta figura sintetiza as vivencias de toda unha xeración, que sufriu o paro polo peche da factoría en 1984 e viviu as  mobilizacións históricas que tiveron lugar nos anos 70 e 80.

RECONVERSIÓN é unha viaxe desde a posguerra ata o “Felipismo” dos 80, pasando polo auxe da industria siderúrxica e a evolución desde un estilo de vida rural a unha sociedade capitalista.

PREZOS

2025-04-25 - 20:30:

  • Abonados e tarifa reducida: 6,65 €
  • Público xeral: 9,50 €

2025-04-26 - 20:00:

  • Abonados e tarifa reducida: 6,65 €
  • Público xeral: 9,50 €
FICHA ARTÍSTICA

Autor: Santiago Cortegoso

Dirección: Santiago Cortegoso

Escenografía: Pablo Giráldez “O Pastor“

Deseño iluminación: Carlos Álvarez-Ossorio

Vestiario: Marián Bañobre / Música: Alonso Caxade

Coreografía: Armando Martén

Elenco artístico: Artur Abad - Cristina Collazo - Santiago Cortegoso - César Goldi - Celia González - Davide González - Fran Lareu - Nani Matos