RACLETTE

  • Teatro
DATOS BÁSICOS
Sinopse:
A Raclette é un xeito de comer en comunidade inventado polos pastores suízos que, para escorrentaren o frío e a soidade da montaña, se reunían arredor dunha pedra quentada ao lume para ir cociñando nela -a medida que comían- queixo, carne e verduras. Esta raclette urbana e contemporánea une, durante unha cea, cinco personaxes que conforman un complexo mosaico humano. Provoca un choque entre visións do mundo que se volven incompatibles pero que han de convivir a pesar das diferenzas. Son cinco universos que reflicten as contradicións dunha sociedade enferma que devora os seus integrantes.
PREZOS

Prezos:
ABONADOS:  6,65 € 
PÚBLICO XERAL:9,50 €

*Espectáculo en período de reserva de abonados, venda ao público xeral a partir do martes 22 de novembro.

**A venda de entradas a tarifa reducida farase unicamente a través da billeteira do Pazo da Cultura.
 

FICHA ARTÍSTICA
Autor e dirección:
SANTIAGO CORTEGOSO
Reparto:
TONI SALGADO................Raúl
DEBORAH VUKUSIC.......Paula
MARIÁN BAÑOBRE.........Vero
IRIA SOBRADO.................Miriam
SALVADOR DEL RÍO........Mario
Espazo escénico e imaxe: Diego Seixo. Iluminación: Salvador del Río. Vestiario: Marián Bañobre. Maquillaxe e peiteado: Trini F. Silva. Son: Quito. Vídeo: José V. Estonllo. Cobertura Técnica: Ningures Produción, S.L. Axudante de dirección: Rubén Pérez. Producción e Distribución: Ibuprofeno Teatro.