COMEDIA ADULTOS
O medo é libre. Quen ten cu ten medo.
A mil cousas, á escuridade, á morte, a quedarse en branco nun escenario...
Blanco e Digón xogan, literalmente, arriscan, brincan co público, avisan... Parte deste show será improvisado, o propio espectador, libremente, decide a temática a tratar. Tan só unha parte, eh? Digón e Blanco están curtidos en mil batallas, mil escenarios. Pero o risco está aí, a adrenalina flúe cada noite cando escoitan desde o camarín o besbello da xente acomodándose, ese motor que pon en marcha os cinco sentidos do cómico. E logo está o de internet, pero esa é outra historia.
QUEN DIXO MEDO son mil. Ou máis. Mil e unha historias. Podes pedir segunda cunca porque cada show varía. Imposible aburrirse. Non. QUEN DIXO MEDO son monólogos, claro, da man de dous consumados e aplaudidos monologuistas. Un da Arousa e outro dos Ancares. Pero tamén diálogo, xogo, interacción co público, diversión garantida. 9 de cada 10 especialistas recomendan a risa como terapia. E o outro ten ardor de estómago, pobre.
QUEN DIXO MEDO? Eh?