QUEEN IS BACK
Os artistas de QUEEN IS BACK coidan ao detalle a posta en escena que utilizaba QUEEN na Xira do 86, sendo a última Xira con “Freddie Mercury” en escena. A formación orixinal que apaixonou nos escenarios de todo o mundo. Queen era excepcional porque os seus músicos eran excepcionais. Neste espectáculo veremos a Daniele Fasciani desde Italia cunha impecable caracterización e voz impecable. Un espectáculo en directo con Giacomo Figliolino no papel de Brian May, Roberto Damicis como Roger Taylor e Julio Llorca no papel de John Deacon.
Esta tempada poderemos gozar dunha nova xira de concertos polas principais cidades de Europa gozando dos grandes éxitos de QUEEN en directo con todas as súas grandes cancións como “We are the Champions” ou “Bohemian Rapsody” «Radio Ga Ga» ou «A Kind of Magic» .