OTHELLO

DATOS BÁSICOS

OTHELLO

Hai no relato de William Shakespeare unha historia de encontro, na que unha muller europea e un home africano namoran. Porén, contra o final do texto, ela morre asasinada por el.

Othello é, asemade, vítima e verdugo. Sofre islamofobia e executa un feminicidio que nace dunha mentira. Unha mentira que, á súa vez, xorde da inseguridade e da crenza de entender, como propio, o que non se pode posuír.

#BlackLivesMatter,#NiUnaMenos, #Posverdad e #FakeNews danse cita nunha historia escrita hai máis de 400 anos, pero que hoxe en día resulta próxima no tempo: en España, desde o ano 2013, morreron 1.053 mulleres asasinadas pola violencia machista.

Esta nova visión constrúese coa apertura do espazo íntimo, as conversas e accións do universo feminino a través das personaxes de Desdémona, Emilia e Bianca. Utilizando a comedia como xeradora de discurso sobre a dor e a raiba, preguntámonos qué podemos facer, desde o noso presente, para deter o tempo no relato. Xusto aquí:

             Non hai tempo, é tarde (estrangúlaa)

Othello, Acto V.ii

             Deter o tempo e voltar sobre os pasos da historia para entender como chegou ata ese punto. Detelo e propor ao público un debate arredor da construción do xénero, a percepción dun-ha mesmo-a e as relacións, e a propia estrutura do sistema patriarcal.

PREZOS

ESPECTÁCULO EN PERIODO DE VENTA DE ABONADOS ATA O 18 DE FEBREIRO

VENTA LIBRE A PARTIR DO 19 DE FEBREIRO

A TARIFA REDUCIDA FARASE ÚNICAMENTE NO DESPACHO DE BILLETES DO PAZO, ACREDITANDO A CONDICIÓN OPORTUNA (DESEMPREGADOS OU CARNÉ ESTUDANTE ATA 25 ANOS)