OSKARA

  • Danza
  • Contemporánea
DATOS BÁSICOS

DANZA CONTEMPORÁNEA

Oskara aúna dous universos coreográficos diferentes, dúas miradas diversas: baséase na cultura vasca tradicional como punto de partida para a creación; ao mesmo tempo, trátase dunha obra creada desde a perspectiva de artistas de vangarda contemporáneos. É unha especie de instalación que percorre diversos aspectos da cultura vasca e os seus mitos desde a súa orixe ata a época contemporánea, debuxando un percorrido plástico e emocional a través de símbolos e iconografías plenos de forza e de encanto. Encerra en si a experiencia humana da maneira máis absoluta. O código dramático ten por obxecto un espectáculo articulado mediante unha linguaxe dunha abstracción profunda, case violenta. Unicamente a orde das composicións confírelle un sentido sensorial.

PREZOS

Prezos:

ABONADOS:  6,65 €
PÚBLICO XERAL:9,50 € 
 

*a venda de entradas a tarifa reducida farase unicamente a través da billeteira do Pazo da Cultura.

+info 981 102 897

FICHA ARTÍSTICA

Eneko Gil, Alain Maya, Urko Mitxelena, Ibon Huarte e Martxel Rodriguez interpretan esta obra do coreógrafo Marcos Morau, baixo a dirección de Jon Maya e coa participación do cantante Erramun Martikorena.