O Concello de Narón puxo en marcha no ano 1981 o Padroado da Cultura, que é un ente autónomo, coa finalidade de darlle canle á participación dos sectores implicados no fenómeno cultural.
Presentación
Novas
As salas
Perfil anterior a xaneiro de 2019
Perfil posterior a xaneiro de 2019
TEATRO COMEDIA
Demetrio e Lisandro queren a Hermia. Ela só ten ollos para Lisandro pero o pai dela só acepta a Demetrio. A súa amiga Helena ama a Demetrio pero este amor non é correspondido. Hermia e Lisandro acordan fuxir da cidade ao amparo da escuridade, pero son perseguidos por un enfurecido Demetrio que á súa vez é perseguido por unha extasiada Helena. No bosque, sen o coñecemento dos mortais, Oberón e Titania (rei e raíña das fadas) teñen unha disputa sobre un criado. A trama xira cando o súbito de Oberón, Puck, corre solto cunha flor que fai que as persoas namoren do primeiro que vexan ao despertar.
Prezos: ABONADOS: 6,65 € PÚBLICO XERAL: 9,50 €
*Espectáculo en período de reserva de abonad@s., venda ao público xeral a partir do Xoves 22 de decembro.
**A venda de entradas a tarifa reducida farase unicamente a través da billeteira do Pazo da Cultura.
+info 981 102 897
Autor: William Shakespeare
Dirección: Marta Pazos
Adaptación: Marco Layera
Escenografía: Jose Capela
Deseño son: David Rodríguez
Deseño iluminación: Rui Monteiro
Vestiario: Uxía Vaello
Música: Jose Díaz e Hugo Torres
Elenco artístico: Anäel Snoek, Andrea Quintana, Areta Bolado, Borja Fernández, Diego Anido, Hugo Torres, Janet Novas, Jose Díaz, Liza Suárez.