O MUNDO MÁXICO DE PINOCHO

DATOS BÁSICOS
EducaTeatro Producións achéganos "O mundo máxico de Pinocho", un musical infantil da man dos creadores de "Os tres porquiños" e "Carapuchiña Vermella".
Esta curiosa adaptación ao teatro musical do conto clásico de Carlo Collodi conta a historia a través dos ollos de Pepiño Grilo, quen, xunto coa Fada Mimadriña, Raposo e Gato, acompañará a Pinocho no camiño de converterse nun neno de verdade.
Ademais do teatro musical, con voz e piano, a proposta bota man do ilusionismo, as sombras chinesas e os corpóreos para conseguir a implicación e participación dos espectadores.
Está pensado para un público familiar, con nenos a partir de 2 anos.
 
Xénero: 
  • Infantil
Lugar do espectáculo: 
Pazo da Cultura
Duración: 
1h
Prezos: 
8,00€ anticipada / 10,00€ día do espectáculo
Información da billeteira: 

Prezos:

Anticipada 8,00€

Día do espectáculo 10,00€

*espectáculo fóra de bono
 

Funcións: 
Domingo, 18 de Decembro de 2016 17:00
-o-mundo-maxico-de-pinocho.jpg