O MUNDO ESTÁ PARADO

  • Música
  • Pop
DATOS BÁSICOS

CONCERTO DE GUADI GALEGO

Un novo paso na traxectoria musical de Guadi Galego, que afonda nun son que comezou co seu anterior traballo e que, coa produción de Pachi García Alis, acada unha dimensión propia, única, chea de matices e coa grandeza dunha artista que vén marcando o devir da nova música galega.

Coa colaboración de músicos como Abe Rábade, Santi Cribeiro, Anxo Pintos ou Karlos Abal entre outros "O mundo está parado" está cheo da sensibilidade, intensidade e calidade que Guadi Galego persigue sempre nos seus traballos e que presentará en formato vinilo+cd cunha moi coidada presentación que acompañada da súa música será un aliciente máis para os/as amantes dunha peza única.

A saída do novo disco "O mundo está parado" está prevista para decembro do 2016, e contará cun membro máis na súa formación, Karlos Abal á guitarra acústica, que acompañarán á formación habitual de Guadi Galego formada por Guillerme Fernández (guitarra eléctrica e coros), Paco Charlín (baixo) e Isaac Palacín (batería e coros).

PREZOS

Prezos:
ABONADOS: 6,65 € 
PÚBLICO XERAL: 9,50 €

*Espectáculo en período de reserva de abonad@s, venda ao público xeral a partir do Xoves 22 de decembro.

**A venda de entradas a tarifa reducida farase unicamente a través da billeteira do Pazo da Cultura.

+info 981 102 897 
 

FICHA ARTÍSTICA

Son directo: Manolo Dourado

Iluminación: Daniel Abalo

Produción e Distribución: Culturactiva

Discografía: Fol Música (Boa Music)