O MOZO DA ÚLTIMA FILA

DATOS BÁSICOS

COMEDIA GALEGO

Claudio é un estudante de dezasete anos que senta na última fila, non participa, non é problemático, non destaca, salvo en Matemáticas. Cada clase fáiselle máis insoportable ata que Xermán, o profesor de Lingua e Literatura, manda escribir unha redacción sobre a fin de semana. A partir deste intre, Claudio empeza a transformarse en alguén que observa, imaxina e escribe a vida doutros nun relato por entregas para un só lector. Ese relato compartido polo discípulo e o mestre convértese nun xogo cada vez máis perigoso para eles e para quen os rodea. Un xogo que se disputa en dous taboleiros: o da vida e o da literatura.

Lugar do espectáculo: 
Pazo da Cultura
Duración: 
1 HORA E 40 MIN
Prezos: 
Público xeral: 9,50 € Abonados - Desempregados - Carné Xove ou Estudante (ata 25 anos): 6,65 €
Información da billeteira: 

Público xeral: 9,50 €

Abonados - Desempregados - Carné Xove ou Estudante (ata 25 anos): 6,65 €

Funcións: 
Sábado, 13 de Novembro de 2021 20:00