O ENCORO ENMEIGADO

  • Teatro
DATOS BÁSICOS

TEATRO E MONICREQUES

Familiar e infantil a partir de 3 anos 

O espectáculo "O encoro enmeigado" (nas Fragas do Eume), ten a intención de espertar entre os espectadores, sobre todo os máis novos, o respeto polo medio ambiente, a valoración da Natureza e o compromiso do coidado do noso entorno e da fauna que vive nel e dunha maneira moi especial coa conservación dos nosos ríos e bosques. E o mesmo tempo recuperar e por en valor os personaxes míticos da nosa cultura popular, nunha posta en escena divertida, poética e plásticamente moi atractiva para o espectador.

Nunha apartada e fermosa fraga vivían Xoaniña, unha nena alegre e rebuldeira, e o seu avó Marcelino: un velliño moi sabio que contaba contos e lendas a esgalla, e sabía predicir o tempo sen ter que buscar en internet...

Pero, as cousas non son sempre coma un quere. E así foi que un día gris e nubrado apareceron uns señores serios e rexos... Un tempo escuro asemellaba querer rematar coa fraga... Xoaniña pediulle o seu avó que tomara cartas no asunto... a golpé de campá chamou a asamblea urxente a todos os seus amigos, os seres míticos que aínda quedaban na fraga... e foron chegando de un en un ou en grupiños... Todos estiveron de acordo e os animaliños e os peixes ofrecéronse a axudar no que fixera falta e, de contado, todos se puxeron en faena.

PREZOS

Prezos:

Abonad@s 6.65€

Público xeral 9.50€

Tarifa reducida 6.65€

Nenos e nenas menores de 14 anos 5.50€

 

*A venda de entradas a tarifa reducida farase unicamente a través da billeteira do Pazo da Cultura.

**Espectáculo en período de reserva de abonad@s. Venda de entradas ao público xeral a partir do xoves 4 de xaneiro.

+info 981 102 897