A QUINTA DO CUADRANTE - EMPAPELADO AMARELO
O EMPAPELADO AMARELO É...
- Unha posta en valor do papel das mulleres como creadoras ao longo da historia, invisibilizadas por un sistema que condena á metade da humanidade ao esquecemento.
- Unha experiencia teatral que afonda na crise actual dos modelos de relacións amorosas baseadas nunha serie de valores que debemos poñer en cuestión.
- Un monólogo que reflexiona sobre a problemática contemporánea do papel da muller como nai poñendo en cuestióna visión tradicional dos roles de xénero dentro do fogar.
- Unha defensa da liberdade individual fronte aos roles tradicionais de xénero.
- Unha aposta pola necesaria rebelión contra un sistema mercantilista no que prima como valor esencial a produtividade, esquecendo outros valores que van máis aló do excesivo racionalismo.
- Unha peza teatral que afonda na necesidade de mergullarse no caudal creativo interno como modo de construírnos como seres humanos completos.