O DRAGÓN DE OURO

  • Teatro
  • Contemporáneo
DATOS BÁSICOS

O DRAGÓN DE OURO

Unha noite, nun edificio de varios pisos, nalgún lugar de Europa: un mozo chinés sofre unha forte dor de moas na cociña do restaurante de comida rápida Tailandés - Chinés - Vietnamita, O Dragón de ouro. Non ten permiso de residencia e tampouco atopa a súa irmá desaparecida.

 

No balcón, sobre o Dragón de Ouro, un ancián quere retroceder no tempo mentres a súa neta, grávida, está diante das ruínas da súa relación porque o seu mozo non quere fillos.

No piso de abaixo, un home, deixado pola súa muller, visita ao seu amigo, un tendeiro enigmático que obriga a unha moza chinesa á prostitución. Dúas azafatas comen no restaurante. Unha delas topa e garda unha moa que caeu na súa sopa tailandesa.

Intercalada entre as escenas, está inserida a Fábula da Cigarra (que non gardaba nada no verán) e pídelle á Formiga que lle dea de comer.

PREZOS

2024-04-20 - 20:00:

  • Abonados: 6,65 €
  • Desempregado - carné xove ou estudante ( ata 25 anos ): 6,65 €
  • Público xeral: 9,50 €
FICHA ARTÍSTICA

Autor                                ROLAND SCHIMMELPFENNING

Dirección                          ÁNXELES CUÑA BÓVEDA

Adaptación                      CATUXA LOPEZ PATO

Escenografía                    IRIS BRANCO

Deseño son                      RENATA CODDA FONS

Deseño iluminación       BALTASAR PATIÑO

Vestiario                           RUTH D. PEREIRA

Música                              VADZIM YUKNEVICH

 

Elenco artístico:

ELENA SEIJO, FERNANDO DACOSTA, SABELA GAGO, FRAN LAREU, FINA CALLEJA