O Concello de Narón puxo en marcha no ano 1981 o Padroado da Cultura, que é un ente autónomo, coa finalidade de darlle canle á participación dos sectores implicados no fenómeno cultural.
Presentación
Novas
As salas
Perfil anterior a xaneiro de 2019
Perfil posterior a xaneiro de 2019
NOSO
Nicolás reúne a súa familia para despedirse do espazo que os viu crecer: a casa da infancia cun vello ultramarinos bar que rexentaban os seus pais e no que agora vive con María, a súa parella.
A expropiación dese lugar, por causa da construción dun parque eólico, é o motivo desta xuntanza. Olivia acode con Rubén despois de moitos anos sen contacto familiar. As lembranzas do pasado, unha visita non esperada, as relacións entres irmáns, a necesidade de mirar o futuro e a importancia do pasado farán visible un conflito xeracional e de pertenza ao lugar de onde vimos.
NOSO é a nova peza teatral para adultas de Os Náufragos Teatro, unha “dramedia” familiar ambientada nas mobilizacións do rural contra os parques eólicos.
2024-10-04 - 20:30:
2024-10-05 - 20:00:
Autor: GUSTAVO DEL RIO
Dirección: GUSTAVO DEL RIO
Adaptación: GUSTAVO DEL RIO
Escenografía: MARISA DE LA IGLESIA
Deseño son: OS NAUFRAGOS TEATRO
Deseño iluminación: DANI PAIS
Vestiario: MARISA DE LA IGLESIA
Música: OS NÁUFRAGOS TEATRO
Elenco artístico: DANIEL OTERO, MARÍA ROJA, REBECA VECINO, JIMMI NUÑEZ, SETE EIROA