TEATRO COMEDIA
"Nacer non é complicado. Morrer é moi doado. Vivir entre estes dous acontecementos non é necesariamente imposible"
Baixo a forma dun divertimento irónico escondese a crítica feroz a unha sociedade que, coas súas normas e a sñua hipocresía, fai imposible a sinceridade.
O autor máis representado en Francia escribiu en 1993 esta crítica a unha sociedade chea de regulamentos. Para iso partiu dun coñecido manual de boas maneiras escrito no século XIX pola inexistente Baronesa Staffe ( a autora era en realidade unha señora da alta burguesía francesa de provincias).
Lagarce suscita un texto irónico, cómico e en aparencia lixeiro sobre as regras que gobernan o saber vivir da sociedade, cos seus sensentidos e hipocresías, para finalmente poñer en ridículo os nosos coñecementos modernos.
Neste texto adaptado a cinco voces, e música en escena, tratarase de explicar e buscar as palabras para describir a vida e as súas leis; todas as súas accións céntranse en intentar describir, coa maior precisión, o xeito de controlar as nosas vidas. E así a linguaxe, coas súas estructuras e normas, declárase como a metáfora máis potente de todas as regras que nos demos para vivir civilizadamente.