NON PASARÁN

  • Teatro
  • Comedia
DATOS BÁSICOS

NON PASARÁN - COMEDIA - GALEGO

NON PASARÁN desenvólvese nun país/lugar sacudido por unha vaga de incendios provocados por unha organización descoñecida. O lema da cidadanía é claro: “ Non pasarán” un chamado a non permitir a entrada de estraños nos fogares, que poderían poñer en perigo a súa integridade e á comunidade. Con todo, Cándido e a súa filla acollen a unha misteriosa parella na súa casa, o que desencadea unha serie de sucesos que transforman a súa vida cotiá.

Incapaces de defender os seus propios principios, os personaxes vense atrapados nunha espiral de renuncias e comportamentos que os levará á destrución, converténdose finalmente en cómplices incendiarios do seu propio fogar.

Unha versión libre de “Biedermann e os incendiarios” de Max Frisch, que explora o auxe da extrema dereita, e convida a cuestionar o presente e a non permanecer indiferentes ante o perigo.

PREZOS

2025-11-15 - 20:00:

  • Abonados e tarifa reducida: 6,65 €
  • Público xeral: 9,50 €
FICHA ARTÍSTICA

Autor: VANESA SOTELO E TITO ASOREY

Dirección: TITO ASOREY

Adaptación: VANESA SOTELO E TITO ASOREY

Escenografía: CARLOS ALONSO

Deseño son: ANXO FERNÁNDEZ

Deseño iluminación: LAURA ITURRALDE

Vestiario: CARLOS ALONSO

Música: XABIER BERTOLO

Coreografía: TITO ASOREY

Elenco artístico: FERNANDA BARRIO, MARCOS ALONSO, ROCÍO SALGADO E MARTÍN MAEZ