INFANTIL- FAMILIAR ( A PARTIR 5 ANOS)
SINOPSE:
Amelia é unha nena que vive no rural galego. A Amelia encántalle a cultura oriental, o karate, o Kung fu, o jiu-jitsu, as películas de Bruce Lee, Jackie Chan. O seu soño é ser unha Ninja e adestra todos os días para pasar inadvertida e observar aos demais como unha auténtica Ninja.
Amelia descobre que no seu colexio hai moitas nenas e nenos que queren ser invisibles. Coa axuda do seu veciño o señor Edelmiro, Amelia conseguirá que os nenos e as nenas se fagan visibles e cambiar así as tornas na escola.
Ninja é unha obra coa que abordamos o acoso nas escolas a través dunha historia divertida e chea de reflexións sobre a tolerancia, o respecto, a diversidade… coa que queremos amosar que un dos pasos máis importante para resolver un problema é facelo visible.
DIRECCIÓN: Pepablo Patinho
VESTIARIO: Gazafelhos
ESCENOGRAFÍA E ATREZZOS: Gazafelhos
ELENCO:
Montse Piñón
Jorge Casas
Pepablo Patinho