NIDOS

  • Teatro
DATOS BÁSICOS

NIDOS - TEATRO PRIMEIRA INFANCIA ( DE 6 MESES A 5 ANOS)

Nidos é un espectáculo-árbore cargado de obxectos e maxia. A árbore e as súas ramas, o bosque e os seus sons, os paxaros e os seus niños, inspiráronnos este traballo. Un niño é un lugar onde nace ou se orixina algo, un lugar onde se viviu cos pais e durante a infancia. Unha casa-cama onde dormen os ovos das aves e se crían os pitos. Os paxaros fabrícanos nos sitios máis insospeitados pero os nosos Nidos estarán nunha árbore moi particular.

Sinopse:

Imos voar, cantar, escoitar, bailar, xogar e imos aniñar. Os paxaros penetraran nas cabezas dos pequenos espectadores e alí farán o seu particular Nido. Os nosos paxaros iranse a miúdo polas ramas; de día cando voen pintarán o aire, serán artistas cando canten e pola noite, serán músicos durmidos nas ramas.

Imos acubillarnos na árbore, a cheirar a tomiño, a comer froitos do bosque, a viaxar coa cegoña, co pica-piñeiros facer buracos, soñar co merlo; pero non todo serán paxaros. Imos pasar un intre cargado de xogos, voos, sons e niños.

PREZOS

2023-11-26 - 18:00:

  • Abonados: 6,65 €
  • Nenos e nenas menores de 14 anos: 5,50 €
  • Público xeral: 9,50 €
  • Desempregados - carné xove ou estudante ( ata 25 anos ): 6,65 €
FICHA ARTÍSTICA

Idea, guión e interpretación: Ana Gallego e Ángel Sánchez

Deseño de Escenografía e Atrezzo: Isidro Alonso

Realización de Escenografía: Fernando Pérez

Realización de Atrezzo: Eva Brizuela e Israel Robledo

Asesoría de Escenografía: Juan Carlos Pastor

Deseño gráfico e ilustración: Isidro Alonso

Asesoría de Maxia: Gonzalo Granados

Fotografía: Gerardo Sanz

Caderno pedagóxico: La Clínica del lenguaje