TEATRO POLÍTICO- MUSICAL
Café La Tranquilidad, Avenida do Paralelo, Barcelona, anos 20 do século pasado. Un mendigo achégase a unha mesa e pide unha moeda a un home. Este saca unha pistola da súa chaqueta, ponlla na man ao mendigo e dille: “Vai a un banco e colle o que necesites. É teu”. Comeza a música. Así arranca este relato, que retrocederá ao último tercio do século XIX, á creación do movemento obreiro, e irá avanzando, a través das loitas no campo e na cidade, cara aos anos 30 do século XX, o momento de máxima efervescencia social, o exterminio da guerra e a guerra despois da guerra, as primeiras fendas no silencio a finais dos 50, a inmensa ola do antifranquismo, o fin da dictadura e da movilización social que rematara con ela, a victoria do partido socialista, o fin do movemento obreiro, “as catro mellores décadas da nosa historia”, e de novo, as loitas de sempre pero agora nun mundo distinto, postindustrial, tecnolóxico. Todo a través de personajes históricos pero tamén a través dunha serie de personaxes anónimos, inventados, próximos. Os nosos avós, pais, nós mesmos. Buscando unha casiña, unha terriña, un anaco de pan, un investimento millonario, poder durmir ao deitarse, exhaustos E todo nun formato de comedia musical. O café La Tranquilidad converterase nun oliveiral extremeño, un canellón de Lavapiés, o Congreso dos Diputados, unha oficina de teleasistencia, o salonciño dun piso en Sanchinarro… Alí cantaranse discursos e diálogos e riemos xuntos. As nosas risas serán balas que ao acertar non matan. Dan vida.