A Santi todo sáelle mal. El procura comportarse como os demais: ten ilusión por ir a escola, como todo o mundo; por ter un traballo, como todo o mundo e casar cunha rapaza, como todo o mundo. Pero sempre sucede algo que acaba deixándolle cara de parvo.
É certo que ten unha tendencia para estar sempre nas minchas. E, ás veces, queda parvo mirando a nada. E pensa: Que fago eu aquí... como un imbécil?.
Así que, un día decide mirar atrás na súa biografía para ver de buscarlle sentido ás cousas e remontase ao momento mesmo da súa concepción e, aínda máis, cando só existían un espermatozoide algo parvo e un óvulo descoidado. E comeza a fialo todo desde principíoo ata o preciso momento en que llo conta ao público.
Premio Max de Teatro 2003 ao mellor texto en lingua galega.