MOFA E BEFA: OS DOUS DE SEMPRE.

  • Teatro
  • Comedia
DATOS BÁSICOS

MOFA E BEFA: OS DOUS DE SEMPRE. O REGRESO - COMEDIA - GALEGO

Moita xente, cando escoita a expresión “Os Dous de Sempre”, no primeiro que pensa é en Mofa e Befa. E a Castelao non lle parece mal. O dúo cómico fundado hai trinta anos por Evaristo Calvo e Víctor Mosqueira son parte do fecundo río do humor galego que ten a súa fonte nos bufóns e no escarnio medievais e ao que tamén pertence o humor de Castelao.

Mofa e Befa pertencen á estirpe dos pallasos de circo, dos artistas do cinema mudo, dos canallas do cabaret. Agora decídense a encarnar dous personaxes de papel, concibidos por un humorista gráfico: Os Dous de Sempre.

Pedriño e Rañolas son contraditorios, extremos, antagónicos, polarizados…mais amigos. Un é o arriscado soñador (unha forma do idealismo) e o outro é un pancista pusilánime (unha forma do materialismo). Esta oposición entre corpo e alma, entre estómago e corazón aparece noutras parellas famosas, como Quixote e Sancho Panza, en Jacques o Fatalista e o seu patrón ou Don Celidonio e o Doutor Alveiros, de Risco. Pedriño e Rañolas entran neste selecto clube, unidos a unha manchea de pallasos anónimos, artistas populares que correron as festas e romarías e que Castelao admirou con compasivo humor.

PREZOS

2025-11-29 - 20:00:

  • Abonados e tarifa redicida: 6,65 €
  • Público xeral: 9,50 €
FICHA ARTÍSTICA

Autor: Quico Cadaval e Carme Varela (Versión libre de Os Dous de Sempre de Castelao e da súa produción de humor gráfico)

Dirección: Quico Cadaval

Escenografía: Baltasar Patiño

Deseño son: Piti Sanz

Deseño iluminación: Baltasar Patiño

Vestiario: Carlos Alonso

Música: Piti Sanz

Elenco artístico: Evaristo Calvo, Víctor Mosqueira, Piti Sanz