MICHAEL JACKSON HAPPY DAYS

  • Música
DATOS BÁSICOS

MICHAEL JACKSON HAPPY DAYS - MÚSICA GOSPEL - INGLÉS

The South Carolina Gospel Chorale é unha mostra vibrante do emotivo soul tradicional e o gospel contemporáneo facendo das súas actuacións unha viaxe inesquecible pola historia da música negra americana, desde os cantos dos escravos afroamericanos ata os sons actuais das modernas congregacións. Na mesma función escoitaremos os espirituais cantados nas plantacións, grandes éxitos de James Brown ou Whitney Houston e facer un sentido tributo a Thomas A. Dorsey, o creador do gospel.

Grandes del Gospel, a marca do gospel en España, despois de producir concertos adicados a grandes figuras da música negra como Aretha Franklin, Withney Houston e B.B. King, renderá tributo no Nadal do 2025 a Michael Jackson, a lenda do pop que cambiou para sempre a historia do espectáculo.

O repertorio do concerto, a cargo de The South Carolina Gospel, incluirá unha selección de temas profundamente espirituais do rei do pop, entre outros Keep The Faith, algúns hits do gran cantante e clásicos do soul e do gospel interpretados co inconfundible estilo urbano desta gran coral de Carolina do Sur.

PREZOS

2025-12-18 - 20:00:

  • Abonados e tarifa reducida: 9,80 €
  • Público xeral: 14,00 €