A METAMORFOSE - TEATRO CONTEMPORÁNEO - GALEGO
A Metamorfose é a máis célebre novela de Franz Kafka e unha das máis importantes de toda a historia da literatura.
Sen a menor cerimonia, o texto coloca o lector diante do famoso Gregor Samsa, transformado en insecto monstruoso. A partir de aí a historia é narrada cun realismo inesperado que asocia o inverosímil e o sentido de humor ao que é tráxico, grotesco e cruel na condición humana - todo no estilo transparente e perfecto dese mestre inconfundible da ficción universal. Rescataremos na versión escénica de Carlos Álvarez Osorio a dimensión cómica e grotesca do texto que, ocasionalmente, desemboca no hilarante “slapstick”.
Que pasa cando lle quitamos a categoría de humano a un ser humano? Se non son seres humanos, entón, que son? Bechos? Insectos?
A metamorfose mostra a necesidade do ser humano de ser recoñecido, valorado e amado polo que é, non polo que produce ou aporta.