MEDIDA POR MEDIDA DE SHAKESPEARE

  • Teatro
  • Comedia
DATOS BÁSICOS

Acontece nunha Viena surrealista inventada por Shakespeare. O mandatario Duque Vincenzo pasa á clandestinidade e manda aplicar con todo rigor a lei contra os comportamentos inmorais.

Cae a lei por igual sobre o negocio do sexo e sobre a xuventude hedonista. Un xove de boa familia é condenado a morte. Isto obriga a Isabella, a sua irmá monxa, a abandonar o convento por tres días coa tentativa de salvar a vida do seu pecadento irmá. Un mundo de vicio, perversidade e corrupción tentarán lixar a súa brancura virxinal. Pazos, cadeas e arrabaldos serán o labirinto que percorre a Isabella na súa carreira contra a morte. Todo observado dende as sombras por un Duque Vincenzo, irreconocible baixo o hábito de frade mendicante.

Neste 15º aniversario da súa fundación, Excéntricas convida novamente un autor que nunca pasa de moda para colaborar no novo espectáculo. Trátase de William Shakespeare, que xa ficara moi satisfeito da anterior colaboración, o triunfante espectáculo "Shakespeare para ignorantes".

Lembramos a William despois da función no festival de Almagro con bágoas nos ollos: "Así! Así! Por fin alguén entende a miña obra". Aquel era un espectáculo de fragmentos escollidos, nesta ocasión imos por na escena unha obra enteira, a sofocante, divertida, enigmática e vitriólica: "Medida por Medida".

PREZOS

*PREZOS:

- TARIFA PÚBLICO XERAL: 9.50€

- TARIFA REDUCIDA: 6.65€ - para abonad@s, desempregad@s, con Carné Xove ou de estudante (ata 25 anos)

 

*A venda de entradas a tarifa reducida farase únicamente a través das billeteiras do Pazo da Cultura de Narón, presentando a debida documentación.

Teléfono de atención 981 102 897

FICHA ARTÍSTICA

DIRECCIÓN: Quico Cadaval

ADAPTACIÓN: Quico Cadaval

ESCENOGRAFÍA: Suso Montero

DESEÑO SON: Bernardo Martínez

DESEÑO ILUMINACIÓN: Dani Juncal

VESTIARIO: Suso Montero

MÚSICA: Bernardo Martínez

ELENCO ARTÍSTICO: Melania Cruz, Evaristo Calvo, Patricia Vázquez, Josito Porto, María Costas, Santi Romay, Víctor Mosqueira, Bernardo Martínez.