`ME TENGO CONTENTO` RIKI LÓPEZ

DATOS BÁSICOS

 

O humorista cantador Riki López volve aos escenarios máis larapetas e espontáneo ca nunca.

 

Algúns aspectos característicos dos seus monólogos son a autocrítica, o reírse de si mesmo, a sua torería no escenario e a súa complicidade co público da sala.

 

Novas e hilarantes cancións cómicas impregnadas de autocrítica e costumismo (sen descoidar a revisión dalgúns dos seus clásicos), forman os piares onde se alza a maraña de intelixentes monólogos deste sinxelo, xenuíno e esmendrellante espectáculo.

Xénero: 
  • Teatro
  • Comedia
Lugar do espectáculo: 
Pazo da Cultura
Duración: 
1H. 20MIN.
Prezos: 
9,50 € Público Xeral / 6,65 € Abonados - Carné Xove ou de Estudante (ata 25 anos) – Desempregados
Información da billeteira: 

ABONADOS:  6,65 €
PÚBLICO XERAL:  9,50 €

A tarifa a precio reducido farase unicamente a través da billeteira do Pazo da Cultura.

Funcións: 
Venres, 22 de Abril de 2016 20:30
Riki López_baixa.jpg