MARCHO, QUE TEÑO QUE MARCHAR

  • Teatro
DATOS BÁSICOS

MARCHO, QUE TEÑO QUE MARCHAR - FESTIVAL SINGULAR

Marcho que teño que marchar é unha divertida sesión de contos e tamén un espazo para a reflexión sobre os roles e as desigualdade de xénero. É un cesto trenzado con historias protagonizados por mulleres que eran feministas sen sabelo: desde meigas  artúricas ata avoas misteriosas.  Nun escenario convertido na casa familiar, Bea Campos relata secretos sobre a súa familia mentres cociña, bebe e traballa entre cancións, coplas e conxuros.

Marcho que teño que marchar  estivo programado no Festival Cabaret da Cidade de México este ano 2023.

"Na miña casa está moi mal visto andar falando do que sucede na familia. Pero que facer se diante túa acontecen cousas incribles? Se che contan historias e lendas misteriosas das que non se pode falar en alto… Pois segundo o meu punto de vista tiña dúas opción, calar para sempre ou artellar un divertido e teatral espectáculo de narración oral. Iso si, tédesme que gardar o segredo xa que todo o contado sucedeu de verdade!"

 

PREZOS

2024-01-08 - 20:30:

  • Abonados: 6,65 €
  • Desempregado - carné xove ou estudante ( ata 25 anos ): 6,65 €
  • Público xeral: 9,50 €
FICHA ARTÍSTICA

Dirección e dramaturxia:              Bea Campos

Elenco:                                              Bea Campos