MANGORETÉ

  • Teatro
  • Musical
DATOS BÁSICOS

TEATRO MUSICAL

Escrita e interpretada por Desiré Pillado e Bea García, Mangoreté é unha sátira sobre a sociedade actual, conducida por dúas azafatas chegadas dun misterioso lugar chamado Mangoreté, que convidarán o público a viaxar con elas e “cambiar” para sempre as súas tristes e normais vidas. Un musical no que se abordan con acidez temas tan actuais como as adiccións, a emigración, o machismo ou os canons de beleza.

Neste musical convídase ao público a viaxar con elas e mudar para sempre as súas tristes e monocordes vidas... a cambio dun “chisquiño” da súa liberdade. Elas serán o fío condutor dun hilarante musical cheo de humor acedo no que se abordan temas tan actuais que abranguen dende as adiccións, a emigración, a política ata o machismo, a través da danza, a música, a interpretación e a improvisación.

Un show con múltiples elementos de atrezzo que interactuarán co público, pezas audiovisuais de propaganda deste magnífico pero autoritario planeta de destino (que se proxectarán durante a función), ou interaccións directas das nosas azafaifas cos propios “pasaxeiros”. 

Un dos puntos fortes a nivel estético e musical é a ambientación baseada nos canons da sociedade e na propaganda de mediados de século XX. A posta en escena da Big Band do Obradoiro de Música Moderna Carlos Barruso, dirixido por Rubén Servide, e que, ademais de executar todo o soporte musical do espectáculo, participa activamente en grande parte dos propios sketches (con aportes corais, improvisacións, e detalles), formando unha máquina ben engraxada coa fin de amosar ao público un musical ben fiado.

Todo este paquete vai ben envolto por un atractivo e nostálxico sabor a mediados de século XX que deixará a todos os “pasaxeiros” ben pegados ás súas butacas. Abride ben os ollos, atendede ben ás instrucións e apertade ben os cintos... benvidas a este voo destino Mangoreté.

PREZOS

2025-02-08 - 20:00:

  • Abonados e tarifa reducida: 8,40 €
  • Público xeral: 12,00 €
FICHA ARTÍSTICA

Dirección   Desiré Pillado e Bea García

Adaptación  Desiré Pillado e Bea García

Escenografía Desiré Pillado e Bea García

Deseño son Valentín Torrado

Deseño iluminación Valentín Torrado e Lucas Terceiro

Vestiario Desiré Pillado e Bea García

Música Rubén Servide

Coreografía Desiré Pillado e Bea García

Elenco artístico Desiré Pillado, Bea García