MONÓLOGO - COMEDIA
É vostede deses que len a recensión dun espectáculo antes de ir velo? Agora non diga que non, porque lle pillamos infraganti. Está vostede de parabén. As amígdalas das miñas amígdalas son as miñas amígdalas é un show de Luís Piedrahita pensado para xente como vostede. Xente esixente, aseada e con sentido do humor. Somos tan modestos que preferimos falar ben de vostede antes que do noso show. Aínda así, non queremos ocultar que deste espectáculo díxose que é unha das obras máis enxeñosas, brillantes e poéticas do século XXI. O que si queremos ocultar é que foi o propio Piedrahita o que o dixo.
Prezos:
Venda anticipada: patio butacas 19€ - anfiteatros 15€
Día actuación: patio butacas 21€ - anfiteatros 17€
*Espectáculo fóra de bono.
Xa á venda ao público xeral.
+info 981 102 897