LUCES DE BOHEMIA

  • Teatro
  • Clásico
DATOS BÁSICOS

TEATRO CLÁSICO. IDIOMA CASTELÁN

Este traballo revolucionou o teatro.

Abre con el un novo xénero: o esperpento, que rompe coas convencións escénicas da etapa anterior. Luces de Bohemia é o mellor esperpento deste autor, no que se mesturan a visión do mundo bohemio, literario e a realidade revolucionaria da súa época.

Representa mellor que ninguén os problemas do artista moderno e a súa tráxica lucidez. É a modernidade na súa forma máis pura: ademais da "deshumanización” vangardista , anticipa a teoría do "distanciamento" do teatro de Bertolt Brecht, o teatro do absurdo da posguerra.

Adéntrase na condición humana, a alienación do home moderno…. Luces de Bohemia é un ataque feroz contra a España da súa época. Integra o expresionismo, e exponse como un movemento de rebeldía. Esta obra arremete contra toda unha sociedade.

Pero ademais, xa en pleno século XXI, podemos afirmar que se converteu nun clásico da literatura. Neste sentido, non debemos esquecer que  Valle Inclán non deixou de manifestar o moito que lle debía á literatura do Século de Ouro español, e en especial a autores como Calderón, Cervantes e máis aínda, a Quevedo, con quen tiña especial afinidade intelectual

Luces de Bohemia é unha viaxe á morte. Luces de Bohemia é Max Estrela, o visionario poeta cego, que no seu propio vía crucis se arrastra ata o último alento. Os personaxes viven, sofren, aman… son verdadeiros. Verdade teatral. Desde a deformación cóncava. A palabra, a forza da palabra de Valle, como ladridos, ou coiteladas, caricias, lambetadas, ouveos… traballámola ata a extenuación… ata atopar esa sinfonía sonora.

Esperpento como expresionismo hispano. Realismo bébedo de tinto que pega forte.

PREZOS

Prezos:

*Tarifa abonad@s: 6.65€

*Tarifa público xeral: 9.50€

*Tarifa reducida: 6.65€ (con Carné Xoven o de estudante (ata 24 anos), desempregad@s)

 

**Espectáculo en período de reserva de abonad@s, venda ao público xeral a partir do mércores 21 de agosto

***A venda de entradas a tarifa reducida farase unicamente a través da billeteira do Pazo da Cultura de Narón, presentando a debida documentación

+info 981 102 897 

FICHA ARTÍSTICA

Dirección                            Alfonso Zurro

Adaptación                        Alfonso Zurro

Escenografía                     Curt Allen Wilmer

Deseño son                       Jasio Velasco

Deseño iluminación            Florencio Ortíz

Vestiario                             Curt Allen Wilmer

Música                                 Jasio Velasco

 

Elenco artístico:

Roberto Quintana (Max Estrella), Manuel Monteagudo (Don Latino), Juan Motilla (Simón, Zaratrustra, Valle Inclán), Antonio Campos (Pica Lagartos, Don Gay, Clarinito), Juanfra Juárez (Rey Portugal, Serafín, Filiberto), José Luis Bustillo (Dorio de Gadex, Borracho, Preso), Amparo Marín (Madame Collet, Ministra, Vieja), Rebeca Torres (Pisa Bien, Vecina, Guardia, Ujier) y Silvia Beaterio (Claudinita, Chica, Chico, Clarinito)