LUAR NA LUBRE XX. ENCRUCILLADA

  • Música
  • Folk
DATOS BÁSICOS

Luar Na Lubre, o grupo máis internacional  do folk en Galicia, presenta as cancións do seu novo traballo "Luar Na Lubre XX. Encrucillada", editado en formato libro-disco, que recolle algúns dos temas máis emblemáticos do seu amplo repertorio, coa participación de diferentes voces que pasaron polo grupo, ademais dunha cronoloxía fotográfica e literaria da súa dilatada historia, cos testemuños de máis de 60 personalidades da música, a literatura e o xornalismo.

Nos seus 37 anos de andaina musical, Luar Na Lubre vendeu máis de 350.000 exemplares e recibiu dous Discos de Ouro, 9 premios da Música e outros recoñecementos, dentro e fóra de Gallicia. Luar Na Lubre ofreceu máis de 2.000 concertos en máis de 40 países, onde participou en festivais destacados da música folk, nos que actuou xunto a artistas internacionais, como Mike Oldfield, The Waterboys, o legendario grupo The Corrs ou Bob Geldof e españois, como Víctor Manuel, Miguel Ríos, Luz Casal, Ismael Serrano, Pedro Gerra ou Diana Navarro.

O grupo fundouse na cidade da Coruña (Galicia) en 1986 coa vocación de interpretar, desenvolver e divulgar a música e a cultura galega, O seu repertorio está baseado fundamentalmente nas músicas de raíz, dende o respecto, pero con perspectiva de modernidade.

Está formado por Bieito Romero (gaitas, acordeón, zanfoña), Irma Macías (voz), Nuria Naya (violín), Patxi Bermúdez (bodhran, tambor), Pedro Valero (guitarra acústica), Xavier Ferreiro (percusión latina, efectos), Xan Cerqueiro (frautas) e Brais Maceiras (acordeón).

"Luar Na Lubre XX. Encrucillada", que será o último traballo en formato físico, ten carácter recompilatorio, contén temas icónicos de todos os tempos que foron reinterpretadas con novas versións e con voces tan destacadas como Pablo Milanés, SÉS, Rosa Cedrón, entre outras.

O seu traballo número 20, editado por Baía Edicións e o CD por Warner Music, festexa un simbólico "encontro de camiños". Un emotivo e importante momento histórico a través dunhs recompilación de músicas, relatos, fotografías de diverso material, para entender o que significa Luas Na Lubre, que vai camiñon de cumprir 40 anos de traxectoria.

Este álbum contén un tema moi especial para a banda galega, Trátase da canción "El largo Camino de Santiago", que compuxo e gravou o cantautor cubano Pablo Milanés antes do seu falecemento, unha das xoias deste traballo. Trátase dunha composición extraoridinaria, con la letra e voz do cantautor cubano, inspirada na música celta e no seu amor á súa esposa Nancy Pérez. E a canción "Canto de andar" con novos arranxos, conta coa colaboración de Rosa Cedrón, que foi vocalistra do grupo (1997 a 2005). Trátase dunha composición de Bieito Romero, inspirada en antigos cantos tradicionais, que fala das cousas que realmente importan: "as cousas sinxelas do día a día".

Nada menos que nove voces femininas participaron na gravación de "Romeiro ao lonxe", unha melodía tradicional inglesa que Luar Na Lubre adaptou con letra do mestre Xulio Cuba. As voces de Rosa Cedrón, Paula Rey, Sara Vidal, Marisa Valle Roso, SÉS, Irene Sánchez (Filandera), Anna Espinosa, Irene Cerqueiro e a actual voz do grupo, Irma Macías achegan unha nova sonoridade, con diferentes texturas, a esta canción que tamén se presenta nun videoclip con imaxes espectaculares de paisaxes de Galicia.

Este traballo coonta co apoio da Xunta de Galicia, dentro do Programa Operativo FEDER GALICIA 201-2020, e financiado pola Unión Europea, a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), como parte das respostas da Unión Europea á pandemia da Covid-19.

 

PREZOS

2024-05-17 - 20:30:

  • Abonados: 8,40 €
  • Desempregado - carné xove ou estudante ( ata 25 anos ): 8,40 €
  • Público xeral: 12,00 €