LOOP

  • Danza
  • Contemporánea
DATOS BÁSICOS

LOOP

Loop  é a carta de amor á maquinaria escénica que creou Aracaladanza e na que bailaríns, maquinistas e eléctricos xunto a panos, focos, caixas de almacenamento (flight cases), bambalinas, chan de linóleo, escaleiras, moquetas, colchóns... converten a danza nunha función máxica na que o escenario, os seus elementos e quen sobre el traballan convértense en protagonistas.               

Entre aplausos e aplausos, os que se escoitan nada máis comezar a función e os que suceden nada máis acabar, os espectadores serán testemuñas e cómplices desta aventura imaxinada na que tamén eles son parte do espectáculo.

O final (principio?) da función acaba cos saúdos de quen bailou. Vemos ao público aplaudindo. O pano péchase e é entón cando podemos descubrir como se desmonta o escenario.

Caen as patas, desátase o pano, enrólanse os chans, gárdanse todo nas caixas. E é entón, cando o escenario xa esta baleiro, o momento de deixarse hipnotizar por un pano que voa; de descubrir que tralas  bambalinas hai máis do que cremos; de rir cando se segue o trazado do chan; de incharnos a sorrisos ao comprobar que os ventiladores funcionan; de celebrar unha festa aínda que pareza que non haxa sitio...

Idea e dirección:  Enrique Cabrera

Reparto: Carolina Arija, Jorge Brea, Raquel de la Plaza, Jonatan de Luis y Jimena Trueba

Bailarín cover: Aleix Rodríguez

Composición musical: Luis Miguel Cobo

Deseño de espazo escénico e vestiario: Elisa Sanz (AAPEE)

Deseño de iluminación: Pedro Yagüe (AAI)

Deseño de videoescenaÁlvaro Luna (AAI)

Deseño y realización de atrezo: Ricardo Vergne (AAPEE)

PREZOS

2023-01-28 - 20:00:

  • ABONADOS: 8,40 €
  • PÚBLICO XERAL: 12,00€
  • MENORES DE 14 ANOS: 7,00 €
  • DESEMPREGADOS, CARNÉ XOVE OU ESTUDANTE ( ATA 25 ANOS ): 8,40 €

VENDA LIBRE A PARTIR DO 23 DE DECEMBRO