A LINGUA DAS BOLBORETAS

DATOS BÁSICOS

A LINGUA DAS BOLBORETAS Eu quería moito a aquel mestre. Confesa Moncho. Ao principio, os meus pais non podían crelo. Quero dicir que non podían entender como eu quería ao meu mestre. Cando era un picariño, a escola era unha ameaza terrible. Unha palabra que cimbraba no aire coma unha vara de vimbio: “Xa verás cando vaias á escola!” O espectador será testemuña do proceso de aprendizaxe que emprende o protagonista da man do mestre da escola (unha figura que simboliza a liberdade que xera o coñecemento da realidade e o respecto cara o próximo) e é testemuña tamén da traxedia que supuxo vivir con medo, do cru impacto que xera o estalido dunha guerra civil. A través da entrañable relación que manteñen o mestre, don Gregorio, e o neno, vaise descubrindo paulatinamente ante o espectador a beleza daquelas realidades cotiás que pasan inadvertidas (como o mundo dos insectos), facendo partícipe ao receptor da historia da fascinación infantil do protagonista ante o descoñecido e do sufrimento que provoca a represión das liberdades humanas.

PREZOS

ESPECTÁCULO EN PERIODO DE VENTA DE ABONADOS ATÉ O 28 DE DECEMBRO DE 2020 INCLUSIVE

VENTA XERAL A PARTIR DO 29 DE DECEMBRO 2020

*Prezos:

-Tarifa público xeral: 9.50€

-Tarifa reducida: 6.65€ - para desempregad@s, con Carné Xove ou de estudante (ata 25 anos), menores de 14 anos

-Tarifa abonad@s: 6.65€  - para abonados / as

 

*A venda de entradas con tarifa reducida farase unicamente a través das billeteiras do Pazo da Cultura de Narón, presentando a debida documentación.

+ INFO 981 102 897

FICHA ARTÍSTICA

Espectáculo                        A Lingua das Bolboretas

Autor                                    Manuel Rivas

Dirección                             Gonçalo Guerreiro

Adaptación                         Gonçalo Guerreiro / Fernando Dacosta

Escenografía                      Gonçalo Guerreiro

Deseño son                        Fernando Dacosta / Vadzim Yuknevich

Deseño iluminación        Baltasar Patiño/ Diego Blanco

Vestiario                              Tegra Vázquez/ Lele Martínez

Música                                  Vadzim Yuknevich

 

Elenco artístico:

Fran Lareu

Fernando Dacosta

Fina Calleja

Sabela Gago

Josito Porto / César Goldi

Elena Seijo