LIBRES

  • Teatro
DATOS BÁSICOS

LIBRES - TEATRO ( ADULTOS) -  CASTELÁN

Mujeres Libres foi unha organización anarcosindicalista que fixo tremer os cimentos da sociedade en tempos da Guerra española do 36, defendendo a emancipación feminina, o antifascismo e a revolución social.

Neste tempo saturado de narrativas de colapso e distopía, a galega Esther Carrodeguas reivindica a potencia da utopía alegre a través dun cabaret anarcosicalíptico, cheo de humor corrosivo, música e cancións,  traendo ao presente a esas mulleres ousadas e rebeldes que, en pleno caos bélico e patriarcal,  desafiaron as normas e comprometéronse coa liberdade e a igualdade, desde a alegría.

Alba Flores encabeza o reparto desta vitalista proposta dirixida polo prestixioso Andrés Lima que racha co colapso da imaxinación política no que nos atopamos.

”Que queda hoxe daquela rebeldía, daquela alegría de vivir e daquela vontade de cambiar o mundo?

PREZOS

2027-01-15 - 20:30:

  • Abonados: 12,60 €
  • Público xeral: 18,00 €
  • Reducida: 12,60 €

2027-01-16 - 20:00:

  • Abonados: 12,60 €
  • Público xeral: 18,00 €
  • Reducida: 12,60 €
FICHA ARTÍSTICA

Interpretación: Alba Flores, Laura Galán, Nüll García e Eva Valdelomar

Escenografía e vestiario: Beatriz San Juan

Composición musical e espazo sonoro: Jaume Manresa

Deseño iluminación: Pedro Yagüe

Dirección musical: Pepe Alacid

Autoría: Esther F. Carrodeguas

Dirección: Andrés Lima

Produción en colaboración co Comisionado para a Celebración dos 50 anos de España en liberdade.