TEATRO CONTEMPORÁNEO
Cinco familiares, tres deles son irmáns e as parellas de dous deles, reúnense na casa da irmá maior, para celebrar o aniversario do pai. O cal atópase en estado de coma dende fai nove anos. O que o comezo parece unha sinxela celebración de aniversario convírtese nunha encarnizada puxa por ver quen se responsabiliza dos cuidados do pai.
"A leituga" é unha comedia tráxica sobre a familia, os asuntos non resoltos, as contas pendentes. O sacrificio e a culpa. O odio e o rancor. A moral e o instinto. Os medos e as miserias. A búsqueda da felicidade. O dereito a vida e o dereito a morte.