TEATRO MUSICAL
“Las cuatro estaciones… ya no son lo que eran” é unha comedia “climatolóxica” a partir da música universal de Vivaldi.
Teatro Che y Moche, a través do seu orixinal e peculiar forma de vivir un concerto, convídante a ser testemuña dun verdadeiro furacán escénico-musical, onde todo o inesperado e imposible convértese en verdadeira maxia e ilusión.
Humor, tecnoloxía, virtuosismo instrumental e tradición teatral dan forma a un espectáculo sorprendente que nos convida, de forma divertida e desenfadada, a reflexionar sobre o cambio climático.
A volcánica e expresiva interpretación de Teresa Polyvka ao violín xunto co resto de músicos e actores mergúllannos nunha persoal e renovada partitura, atrevida e brillante, mostrando ao gran público unha nova forma de gozar da música clásica.
Teatro Che y Moche aposta por un humor espontáneo, branco e intelixente para todos os públicos, onde o sorriso e a tolemia únense á música en directo de principio a fin.